O procedemento "solicitude de puntos de luz" regula a petición, por parte das persoas físicas e xurídicas, de instalación ou substitución de puntos de luz en determinados lugares do municipio.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a instalación ou substitución de puntos de luz.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de puntos de luz.
 
 Unidade tramitadora: Urbanismo.
 
 Inicio do procedemento: A instancia de parte.
 
 Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
 
 Órgano de resolución: Alcaldía.
 
 Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
 
 Prazo de resolución: 3 meses.
 
 Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
 
 Taxas/impostos: Non aplica.
 
 Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
 
                                       Presencial.