Sede electrónica Concello de Vilarmaior

05:10:56 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de animais perigosos

O procedemento de "rexistro de animais perigosos" pretende regular a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores e adestradoras de cans.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de rexistro de animais perigosos.
  • Licenza de tenza de animais perigosos. Copia da licenza en vigor de tenza de animais perigosos.
  • Seguro de responsabilidade civil. Documento acreditativo da formalización dun seguro de responsabilidade civil, no que se especifique claramente o importe da cobertura. Este seguro deberase renovar anualmente.
  • Certificado sanitario. Certificado sanitario, expedido por unha veterinaria ou veterinario de alta no colexio profesional, que acredite con periodicidade anual a situación sanitaria do animal, a inexistencia de enfermidades que o poidan facer potencialmente perigoso e a ausencia de lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.
  • Certificado de implantación de microchip. Copia do certificado acreditativo da implantación dun microchip, no que figure o código identificador do animal, asignado polo veterinario ou veterinaria responsable.
  • Libro sanitario. Copia do libro sanitario actualizado cos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade do animal. No libro sanitario figurará a clasificación do animal como potencialmente perigoso.
  • Datos do centro de adestramento (opcional). Datos relativos ao adestramento recibido, proporcionados polo centro correspondente.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Rexistro de animais perigosos.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.